Boa actuación do PENEDO TEIMPORTA nos selectivos nacionais de Slalom!

Os selectivos nacionais tiveron lugar na canle olímpica da Seu D’ Urgell así coma na exisente canle de Pau, sita en Francia, do 28 a 31 de marzo e do 4 a 7 de abril respectivamente. Os nosos coma sempre loitaron por todo realizando unha gran actuación donde destacamos os seguintes resultados:

  • Ainhoa Lameiro foi prata día 1 de competición en C1 MULLER SENIOR. Así mesmo, a de Salceda foi quen de obter tamén unha meritoria prata no Slalom Cross disputado en Pau.
  • Valentín Varela foi bronce tamén no día 1 de competición na categoría K1 HOME JUNIOR
  • Borja González foi prata no día 2 de competición na categoría C1 HOME SENIOR
  • Miguel Ángel Lorenzo foi finalista nas dúas xornadas disputadas na Seu D’Urgell
  • Aarón González obtivo un 5º posto como mellor resultado na categoría C1 HOME JUNIOR
  • Brais Gómez obtivo un 15º posto como mellor posto na categoría C1 HOME JUNIOR
  • Kevin Cortegoso foi 16º na mesma categoría
  • Héctor Gómez obtivo o 20º posto pola súa banda na categoría K1 HOME SENIOR como mellor resultado
  • Nicolas González obtivo un 37º posto como mellor resultado na categoría K1 HOME JUNIOR

Deste xeito, Ainhoa Lameiro conseguiu acceder ao equipo nacional B, se ben a de Salceda aspiraba a maiores obxectivos, loitará en dúas internacionalidades disputando dúas Copas do Mundo en Praga e en Ivrea. Borja González, pola súa banda, xa ten as súas vistas postas na IV Copa de España a disputarse en Dumbría, onde loitará na repesca do equipo nacional na categoría C1 HOME SUB23.

Noraboa a todos polo gran traballo feito!

Dende o Penedo Teimporta non podemos estar máis orgullosos de todos/as e tamén queremos desexarlle unha pronta recuperación e moito ánimo a Daniel Pérez, ausente nestas probas selectivas por lesión.