Os nosos datos
Localidade
Tui
CP
36721
Provincia
Pontevedra
Teléfono
+34 646 31 98 46
Patrocinador principal
Canle
O Cordeiro
Fundación
1977
Presidente
Marcos Fortes Pereira
correo electrónico
clubpiraguismopenedo@outlook.es

 

A nosa historia

1977

• Asemblea constituínte do Club

1978

• Debut do club nunha competición amistosa en Vila do Conde (Portugal) e varias oficiáis na provincia de Pontevedra. • Organización do I Descenso do Miño Virxe da Rocha

1979

• O Club compite por primeira vez no campionato de España de Inverno e, en xullo, no de pista.

1982

• Ricardo González proclámase o primeiro campión galego de Inverno e 6º clasificado no campionato de España en K-1 cadete.

1986

• A RFEP (Real Federación Española de Piragüismo) concentra a tres palistas infantiles do Club, campións galegos nas súas respectivas modalidades nun programa de captación de talentos.

1988

• Primeiras medallas no campionato de España de pista: Ouro en C-2 cadete 500 metros e Bronce en C1 cadete 500 metros. • Juan José Ricón Alonso é incorporado ao Equipo Nacional Xuvenil de canoas. • Andrés Ricón Alonso, campión galego infantil de canoa, é incorporado ao Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra no ano da súa inauguración.

1989

• Juan José Ricón participa na súa primeira regata internacional (Florencia, Italia) co equipo nacional Xuvenil

1991

• Juan José Ricón representa ao equipo nacional sub-23 no Preolímpico Internacional de Sanabria (Zamora), como preparación para as Olimpiadas de Barcelona 92. • Primeiro podio no Campionato de España dunha dama do Club: Antonia Romero, prata nos de Inverno e nos de Pista de xullo do 91 na categoría K-1 dama cadete.

1992

• Antonia Romero ingresa no Equipo Nacional Xuvenil

1993

• Antonia Romero, consegue, no seu primeiro ano como Xuvenil, a primeira medalla femenina no campionato do Mundo junior en K-4

1994

• Antonia Romero queda campiona do mundo en K-2 500 m. • O Club constituye por primeira vez xunto a outros clubes galegos, a primeira Liga Galega de Kayakpolo, quedando campións galegos.

1995

• O Club queda campión de España de Pista Cadete – Xuvenil, conseguindo 4 ouros, 2 pratas e varias finais.

1996

• Antonia Romero consegue por primeira vez clasificarse para a final dos Campionatos do Mundo de México en K-4 dama, gañando o dereiro a participar nas Olimpiadas de Atlanta 96.

1997

• O Club clasifícase por primeira vez para a Liga Nacional da 1ª División de Kayak Polo, tanto masculino como femenino.

2003

• O club constitúe, xunto con outros clubes galegos, a primeira Liga Galega de Slalom, quedando campións galegos

2004

• O club participa por primeira vez no campionato de España de Slalom. • Jorge Suárez é campión galego de Slalom K-1 cadete

2005

• Jonathan Calvo González é campión galego de Slalom en C-1 infantil B

2006

• Jonathan Calvo González é 4º no campionato de España de Slalomen C-1 Infantil A, e, con Marcos Fortes, 1º en C-2, tanto galego como nacional

2007

• Daniel Suárez Llanos Galán, queda subcampión de España de Slalom Infantil

2008

• Jonathan Calvo queda campión de España en Slalom en C1 cadete, sendo o primeiro campión de Slalom que se formou foras das Comunidades de País Vasco ou Cataluña.

2010

• Iván Marchante é medalla de bronce no campionato de España en C1 infantil A. • Luis Fernández Pereira é bronce no campionato de España de Slalom en C1 infantil B

2011

• Luis Fernández Pereira é prata no campionato de España de Slalom en C1 Infantil A. • Luis Fernández Pereira incorpórase ao CGTD de Pontevedra

2013

• Luis Fernández Pereira é campión de España en C1 Cadete • Miguel Ángel Lorenzo Olaya é subcampión de España na categoría C1 Infantil B • Ainhoa Lameiro é bronce no campionato de España na categoría C1 Infantil A

2014

• Ainhoa Lameiro é dobre campioa de España nas categorías C1 e K1 Infantil A • Miguel Ángel Lorenzo é campión de España na categoría C1 Infantil A. • Luis Fernández Pereira convértese no primeiro canoísta de Slalom en acceder ao equipo nacional junior/U23. • Luis Fernández Pereira é medalla de Bronce por equipos no campionato do Mundo disputado en Penrith (Australia) • Luis Fernández Pereira é 8º no campionato do mundo disputado en Penrith (Australia) en C1 Xuvenil • Ainhoa Lameiro e Miguel Ángel Lorenzo incorpóranse no CGTD de Pontevedra

2015

• Luis Fernández Pereira é campión de España en C1 Xuvenil • Luis Fernández Pereira é 6º no campionato do Mundo Junior/SUB23 en Foz do Iguassu(Brasil) na categoría C1 Xuvenil • Ainhoa Lameiro é subcampiona de España en C1 Cadete • Ainhoa Lameiro é bronce no campionato de España en K1 Cadete • Miguel Ángel Lorenzo é subcampión de España en C1 Xuvenil • Daniel Pérez é campión de España en C1 Infantil B • Borja González é subcampión de España en C1 Infantil B

2016

• Daniel Pérez é campión de España en C1 Infantil A • Miguel Ángel Lorenzo é subcampión de España en C1 Cadete • Borja González é subcampión de España en C1 Infantil A • Hipólito (Lito) Alves é subcampión de España en C1 Infantil B • Selena Fernández é subcampiona de España en C1 Infantil B • Iago Varela é 4º no campionato de España en C1 Infantil A e 7º en K1 Infantil • Brais Caride é bronce no campionato de España en C1 Infantil B • O noso Club proclámase campión de España de Xóvenes Promesas de Slalom • Ainhoa Lameiro é dobre campiona de España en K1 e C1 Cadete • O noso club proclámase campión de Slalom Olímpico

2017

• Ainhoa Lameiro clasifícase para o equipo nacional en K1 e C1 Xuvenil • Ainhoa Lameiro é 18ª no campionato do Mundo Junior/U23 celebrado en Bratislava en C1 Xuvenil • Ainhoa Lameiro é 15ª no campionato de Europa Junior/U23 celebrado en Hohenlimburg en C1 Xuvenil • O noso club acada a mellor