O Penedo TEIMPORTA consegue 4 metais na COPA IBÉRICA de Covas!

Esta fin de semana tivo lugar en Covas, Paredes de Coura, nunha fin de semana con participación histórica, a I COPA IBÉRICA desta tempada destacando os seguintes resultados do PENEDO TEIMPORTA:

  • Borja González foi ouro en C1 HOME SENIOR. No podium acompañouno Marcos Fortes no terceiro posto seguido tamén moi de cerca por Miguel Ángel Lorenzo, cuarto clasificado.
  • En C1 HOME XUVENIL Valentín Varela foi prata
  • En C1 HOME CADETE Kevin Cortegoso  foi tamén prata
  • Nicolás González foi 4º clasificado na categoría K1 XUVENIL
  • Borja González foi 10º clasificado no K1 HOME SENIOR
  • Uxía Nayara Cortegoso foi 9ª na categoría K1 MULLER INFANTIL

Estes resultados permitíronlle ao clube ser 4º na clasificación final!

Noraboa a todos!

Vémonos xa a próxima fin de semana en Mondariz para disputar a I COPA DE ESPAÑA!!