O PENEDO Teimporta volta do Campionato Galego celebrado en Dumbría con 9 metais e 2º por clubes!!

Esta fin de semana, tivo lugar, nas augas do río Xallas, o Campionato Galego de Slalom Olímpico. Os nosos padexeiros desprazáronse deste xeito a Dumbría, aos pes da presa de Fervenza, na zona do Couquiño, obtendo os seguintes resultados destacados:

  • Borja González foi ouro en c1 home sénior e bronce en k1 home senior.
  • Marcos Fortes foi prata en c1 home sénior acompañando no podium a Borja González. Moi de cerca o seguiu Miguel Ángel Lorenzo, cunha boa cuarta posición
  • Valentín Varela, pola súa banda, venceu en k1 home júnior. Na mesma categoría Héctor Gómez foi cuarto.
  • Aaron sumaría un novo metal sendo prata en c1 home júnior. Na mesma categoría Valentín Varela foi sexto. Así menso Kevin Cortegoso foi décimo clasificado nesta categoría.
    Na competición por equipos, a patrulla c1 home sénior foi bronce mentres que a patrulla c1 home júnior foi prata.
    A patrulla k1 home sénior foi prata e a patrulla k1 home júnior foi ouro.

Todos estes grandes resultados permitíronlle ao clube ser o segundo clasificado!!

Noraboa a todos e todas e moitas gracias ao Club Deportivo e Municipal Dumbría, organizador da proba o cal acometeu con gran esforzo e tesón a organización deste Campionato vencendo as inclemencias meteorolóxicas acontecidas !!

Poñevos deste xeito o lazo a esta tempada, vémonos na próxima!!