Daniel Pérez do Penedo Teimporta finaliza a Copa do mundo da Seu D’Urgell en 18ª posición!

Esta fin de semana tivo lugar nas augas do Segre, ao seu paso polo Parque Olímpico do Segre a IV Copa do Mundo desta tempada 2023. Cunha boa actuación nas series clasificatorias, Daniel Pérez do Penedo Teimporta tiña como obxectivo baixar a por todas na semifinal da categoría C1 HOME SENIORe buscar a tan ansiada final nesta cita. Aínda que logrou baixar con gran velocidade, un toque e unha pequena perda de tempo nunha decalé neste esixente recorrido trazado para esta proba internacional, relegaron ao de Alxén (Salvaterra de Miño) a 18ª posición. 

Dende o Penedo Teimporta estamos moi orgullosos do papel feito por Daniel Pérez e tamén queremos felicitar ao padexeiro dos Teixugos Luis Fernández, o cal rozou as medallas na final desta categoría C1 HOME SENIOR!

Daniel Pérez xa ten a súa vista posta na seguinte Copa do Mundo onde loitará de volta polas finais!! A por todas Dani!!!