Importante papel do Penedo Teimporta na II COPA DE ESPAÑA/primeira xornada dos selectivos na SEU D’Urgell!

Esta fin de semana, coincidente coa II Copa de España de Slalom Olímpico, tivo lugar a primeira fase dos selectivos de Slalom Olímpico na canle Olímpica da Seu D’Urgell. Os nosos compa sempre bridáronnos dúas intensas xornadas destacando o sábado os seguintes resultados:

  • Daniel Pérez foi terceiro en C1 HOME SENIOR na xornada do sábado e cuarto o domingo logo dunha dubidosa penalización recibida na última porta do recorrido.
  • Ainhoa Lameiro foi pola súa banda a quinta máis rápida na xornada do sábado terceira o domingo logo dunha gran baixada na que a deportista de Salceda se tivo que adaptar nunha xornada marcada por fortes rachas de vento.
  • Borja González logo dun problema o sábado que o relegou a 16ª praza, foi quen de redimirse domingo finalizando nunha destacada 5ª posición
  • Valentín Varela tamén levou a cabo unha actuación ascendente, superando a desafortunada actuación do sábado debido a unha penalización de 50 segundos, cun destacado 6º posto na xornada do domingo
  • Aarón González tamén fixo un bo papel alcanzo as finais ambos os dous días sendo 5º e séptimo respectivamente
  • Miguel Ángel quedou cerca da finais sendo 15º sábado e 13º domingo
  • Brais González debutou nas esixentes augas da canle olímpica cunha actuación ascendente, sendo 18º sábado e 13º domingo
  • Kevin Cortegoso, tamén no seu debut, foi 21º sábado e 19º na xornada do domingo
  • Nicolás González sendo tamén debutante no Parc, foi 27º sábado e 37º domingo
  • Héctor Gómez pola súa banda finalizou 35º e 36º sábado e domingo respectivamente

Estos resultados permitíronlle tanto a Ainhoa, coma Daniel e Borja, ter aínda o selectivo completamente aberto de cara a próxima cita que terá lugar en Pau o 28 e 29 de abril. Aarón  e Valentín, se ben o teñen un pouco máis complicado para acceder ao equipo junior xa que aínda son junior de primeiro ano, loitarán con todo en Pau por dar a sorpresa!

Na clasificación por clubes, O PENEDO TEIMPORTA foi sexto na xornada do sábado e cuarto o domingo!

Xa estamos todos coa vista posta na próxima cita en Pau, vémonos alí!!