Pleno de actividade do PENEDO TEIMPORTA!!!

Esta fin de semana  o PENEDO Teimporta púxose a pleno rendemento: por un lado o clube foi organizador e partícipe da II COPA DE PROMOCIÓN DE SLALOM, por outra banda, Ainhoa Lameiro, Daniel Pérez e Borja González participaron na Copa Pau Pirineus, que tivo comezo en Pau a semana pasada e rematou nesta fin de semana na Seu D`Urgell. Así mesmo, as nosas rapazas de Kayakpolo desprazáronse ata Madrid a disputar o I Torneo da Liga Iberdrola desta tempada.

No Cordeiro, nas augas do río Tea ao seu paso por Alxén, en Salvaterra de Miño, o noso clube actuou como organizador, xunto a Federación Galega de Piragüismo, da II COPA GALEGA DE PROMOCIÓN. Co traballo, axuda e colaboración de padexeiros, socios, nais, pais e as seguintes entidades e institucións: Concello de Salvaterra de Miño, Concello de Salceda de Caselas, Concello de Tui, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, Electra Alto Miño, Panaderia a broa Panaderia Pedra Moura, Panaderia Salceda, Panaderia Altamira, Panaderia Arantei, Confitería Ancla, Eroski(Porriño y Salceda), Día(Salceda), Froiz, Spar Salceda, Cafetería La torta Porriño, Eurobanan, todos desfrutamos de un gran día de deporte e natureza no que, ademáis, destacaron os seguintes resultados:

  • Carlos Rodríguez foi campión en C1 HOME INFANTIL, sendo tamén medallista en K1 HOME INFANTIL ao obter o terceiro posto
  • Uxía Nayara foi pola súa banda sexta en K1 MULLER INFANTIL e quinta en C1 MULLER INFANTIL
  • Alicia González foi 4ª clasificada en K1 MULLER ALEVÍN
  • Omar Martínez foi sexto clasificado na categoría K1 HOME ALEVÍN

Todos estes grandes resultados permitíronlle ao PENEDO TEIMPORTA subir ao terceiro posto do podium!

Na outra punta da península ibérica, Ainhoa Lameiro, Daniel Pérez e Borja González competiron na Copa Pau Pirineus, na que padexeiros de diversos países do mundo loitan por alzarse coa victoria nesta proba formada por dúas competicións:

  • Na competición de Pau, Ainhoa Lameiro foi 12ª,Daniel Pérez pola súa banda foi séptimo e Borja González foi 32º
  • Na competición da Seu Ainhoa Lameiro foi novena, Daniel Pérez pola súa banda foi 14º e Borja González foi 22º

Na metade da península, en Puerta del Hierro en Madrid, atopábanse desprazadas as nosas padexeiras de Caiacpolo para desputar o I TORNEO da Liga IBERDROLA, obtendo o octavo posto.

Noraboas a todos e todas polo gran traballo e esforzo feitos!!