Intensa fin de semana do PENEDO TEIMPORTA, Slalom CROSS, TRES METAIS E MÁIS!!

Esta foi un fin de semana cunha intensa actividade do Penedo Teimporta. Por unha banda, partiu coa Federación Galega de Piragüismo, unha expedición cos nosos padexeiros de Slalom Cross cara a canle olímpica de Slalom da Seu D’ Urgell. Deste xeito, os nosos competiron o sábado e domingo en dúas Copas selectivas para o equipo nacional, en dous circuitos diferentes destacando os seguintes resultados:

  • Ainhoa Lameiro foi 8ª o sábado e 6ª na xornada do domingo
  • Valentín Varela foi 17º na xornada do sábado e 8º o domingo
  • Borja González foi 15 o sábado e 16º na xornada do domingo
  • Daniel Pérez foi 20º na xornada do sábado así como o domingo
  • Héctor da Cunha foi 28 o sábado e 27º na xornada do domingo

Todos estes grandes resultados permitíronlle ao clube finalizar nunha meritoria 5 posición!!

Por outra banda, os máis pequenos do clube desprazáronse ata Tomiño, para disputar na fermosa paraxe que rodea o paso do Río da Pedra a I Copa Galega de Promoción de Slalom, conseguindo tamén grandes resultados:

  • Carlos Rodríguez foi dobre medallista logo dunha meritoria primeira posición en C1 HOME INFANTIL e tamén cunha gran actuación en K1 HOME INFANTIL obtendo a medalla de bronce.
  • Simón Montero, logo de dúas meritorias baixadas nas que conseguiu dominar as augas do Río da Pedra, foi tamén ouro na categoría K1 HOME PREBENXAMÍN
  • Nayara Cortegoso foi 4ª clasificada nas categorías K1 e C1 MULLER INFANTIL
  • Alicia González foi 4ª clasificada na categoría K1 MULLER ALEVÍN
  • Omar Martínez foi 8ª clasificado na categoría K1 HOME ALEVIN

Todos estes grandes resultados permitíronlle ao Penedo Teimporta finalizar en 4ª posición!!

Ademais de competir, o Penedo Teimporta voltou o sábado recuperar o xa emblemático Campo de Slalom do Cordeiro, nunha intensa e divertida xornada de sábado amenizada por unha boa e merecida churrascada.

Noraboa a todos e todas e Que o ritmo non pare!!