O PENEDO TEIMPORTA volta cun segundo posto da II Copa Galega de Slalom Olímpico!!

Este fin de semana tivo lugar no Río Coura, ao seu paso por Covas en Paredes de Coura, a primeira copa galega de Slalom Olímpico. No fermoso emprazamento de Azenhas de Pagade, cun bonito e esixente recorrido, o sábado tiveron lugar as mangas clasificatorias nas que obtiveron o seu pase as finais os seguintes palistas: Michael, Fran , Miguel, Brais, Borja, Iago, Agoney, Aarón e Valentin.

O domingo, xa nas finais, os nosos clasificados deron o seu máximo destacando os seguintes resultados:

  • Borja González foi primeiro en C1 JUNIOR e quinto en K1 JUNIOR
  • Brais Caride obtivo un novo ouro en C1 CADETE
  • Iago Varela pola súa banda sumou unha prata en K1 JUNIOR e foi cuarto en C1 JUNIOR
  • Miguel Ángel foi pola súa banda  sexto en C1 SENIOR
  • Fran así mesmo finalizou tamén nun destacado sexto lugar en K1 JUNIOR

Todos estes grandes resultados froito do esforzo e traballo feito por todos os palistas  do PENEDO TEIMPORTA permitíronlle ao clube finalizar a proba nun destacado segundo posto.

Noraboa polo traballo feito e a seguir padexando rumbo a próximo a cita, O Cordeiro o próximo domingo 10 de febreiro!!!