Este fin de semana tivo lugar no Río Coura, ao seu paso por Covas en Paredes de Coura, a primeira copa galega de Slalom Olímpico. No fermoso emprazamento de Azenhas de Pagade, cun bonito e esixente recorrido, o sábado tiveron lugar as mangas clasificatorias nas que obtiveron o seu pase as finais os seguintes palistas: Michael, Fran , Miguel, Brais, Borja, Iago, Agoney, Aarón e Valentin.
O domingo, xa nas finais, os nosos clasificados deron o seu máximo destacando os seguintes resultados:
- Borja González foi primeiro en C1 JUNIOR e quinto en K1 JUNIOR
- Brais Caride obtivo un novo ouro en C1 CADETE
- Iago Varela pola súa banda sumou unha prata en K1 JUNIOR e foi cuarto en C1 JUNIOR
- Miguel Ángel foi pola súa banda sexto en C1 SENIOR
- Fran así mesmo finalizou tamén nun destacado sexto lugar en K1 JUNIOR
Todos estes grandes resultados froito do esforzo e traballo feito por todos os palistas do PENEDO TEIMPORTA permitíronlle ao clube finalizar a proba nun destacado segundo posto.
Noraboa polo traballo feito e a seguir padexando rumbo a próximo a cita, O Cordeiro o próximo domingo 10 de febreiro!!!