O Piragüismo Penedo Teimporta volta da Copa do Val cun gran segundo posto!!

Este domingo tivo lugar en Mondariz a Copa do Val, onde os máis cativos do noso clube competiron para poñerlle o broche a esta tempada 2018. Como xa veñen facendo dende o inicio da tempada, os nosos non defraudaron voltando para casa con grandes resultados:

  • Aarón González foi primeiro en C1 Alevin e segundo en K1 Alevín
  • Valentín Varela foi primeiro en K1 Alevín e segundo en C1 Alevín
  • Joaquín Tajes foi prata en C1 Infantil
  • Hugo Barros foi bronce en K1 INFANTIL
  • Daniel Farrapeira foi bronce en C1 ALEVÍN
  • Nicolás González foi séptimo en K1 Alevín

Un total de 7 medallas que acreditan o bó papel desempañado polos nosos pequenos campións. Destacar tamén a bonita actividade realizada pola tarde onde, uns completos paralelos que combinaban terra con auga provocaron o deleite de deportistas e aficionados.

Moitas felicidades ao Club Tea, tanto pola gran organización da proba como polo 40 aniversario!!!

A próxima tempada máis e mellor, agora toca prepararse a fondo para a próxima!!!