O PENEDO TEIMPORTA volta de Vilanova de Cerveira cun novo trofeo da VII COPA GALEGA DE PROMOCIÓN!!

Este domingo tivo lugar en Vilanova de Cerveira a VII Copa Galaico-portuguesa de Promoción de Slalom.  Cunha gran participación gracias a xenerosa inscripción feita dende as federacions galega e portuguesa, desenvolveuse unha proba cun bo nivel e gran ambiente.

Os padexeiros do Penedo Teimporta realizaron unha gran actuación, destacando os seguintes resultados:

  • Valentín Varela: ouro en K1 HOME ALEVÍN e prata en C1 HOME ALEVÍN
  • Joaquín Tajes: ouro en C1 HOME INFANTIL e prata en K1 HOME INFANTIL
  • Aarón González: bronce en C1 HOME ALEVÍN

Un total por tanto de 5 medallas que, sumado ao bo facer de Nicolás González, Hugo Barros, Daniel Farrapeira e Miguel Farrapeira, fixeron posible que o clube finalizara no terceiro escalón do podium na clasificación por clubes!!!

Enhoraboa a todos rapaces!!!

A próxima parada terá lugar en Mondariz, donde terá lugar a última proba do calendario desta tempada 2017-2018, así que vémonos alí!!!