Este domingo tivo lugar en Vilanova de Cerveira a VII Copa Galaico-portuguesa de Promoción de Slalom. Cunha gran participación gracias a xenerosa inscripción feita dende as federacions galega e portuguesa, desenvolveuse unha proba cun bo nivel e gran ambiente.
Os padexeiros do Penedo Teimporta realizaron unha gran actuación, destacando os seguintes resultados:
- Valentín Varela: ouro en K1 HOME ALEVÍN e prata en C1 HOME ALEVÍN
- Joaquín Tajes: ouro en C1 HOME INFANTIL e prata en K1 HOME INFANTIL
- Aarón González: bronce en C1 HOME ALEVÍN
Un total por tanto de 5 medallas que, sumado ao bo facer de Nicolás González, Hugo Barros, Daniel Farrapeira e Miguel Farrapeira, fixeron posible que o clube finalizara no terceiro escalón do podium na clasificación por clubes!!!
Enhoraboa a todos rapaces!!!
A próxima parada terá lugar en Mondariz, donde terá lugar a última proba do calendario desta tempada 2017-2018, así que vémonos alí!!!