Esta fin de semana tivo lugar na Canle Olímpica do Segre o campionato de España de Slalom Olímpico na que os mellores deportistas de todo o panorama nacional se deron cita. O sábado tiveron lugar as mangas clasificatorias nun percorrido accesible pero tamén técnico e rápido. Sendo a primeira manga clasificatoria para o Europeo, os favoritos non fallaron confirmando o seu pase directo a semifinais e dos nosos fxeron o propio Ainhoa, Daniel Pérez, Daniel Núñez, Borja González, Miguel Lorenzo, Iago Varela, Brais Caride, Marcos Fortes e Agoney. Na loita polas plazas do equipo nacional Junior, Daniel Pérez xa encarrilaría o seu acceso ao equipo obtendo o segundo mellor rexistro absoluto junior.
Así mesmo, tamén tivo lugar durante a tarde do sábado a competición por equipos obtendo o Penedo Teimporta dúas destacadas medallas de ouro:
- En 3 x C1 CADETE home, Brais Caride, Borja González e Daniel Pérez impuxéronse con autoridade
- En 3 x K1 CADETE home, Iago Varela , Borja González e Daniel Pérez lograron gañar por un pequeno marxe co equipo do Tea de Mondariz.
Dous ouros que non fan máis que resaltar a elevada potencialidade do piragüismo galego así como do Penedo Teimporta dentro do panorama nacional.
No domingo, xa nun trazado dunha dificultade característica dun selectivo e campionato de España, foron moitas as sorpresas que se produciron nunhas emocionantes semifinais e finais. Ainhoa Lameiro, nunha desafortunada toma de corrente incurriu nunha penalización de 50 segundos que a privarían da medalla en k1 junior. Este pequeno traspés non foi quen de desconcentrala e cunha rápida baixada en C1 conseguiría proclarmarse campioa de España nesta categoría!!!
En C1 cadete a sorte tamén foi dispar para os nosos. Brais Caride, sufriu unha perda de traxectoria na zona máis técnica do recorrido na manga da semifinal recibindo unha penalización de 50 segundos que o arredarían do acceso as finais finalizando 10º xusto por detrás de Agoney González e Iago Varela.
Daniel Pérez, pola súa banda, conseguiu a praza para o Europeo junior na manga de semifinal ao obter o terceiro mellor tempo en C1 xuvenil absoluto impoñéndose así mesmo a todos os cadetes. Na final, sen embargo, non puido pechar a súa brillante actuación véndose relegado ao quinto posto.
A sorte sería diferente para o o padexeiro Porriñés Borja González o cal foi quen de realizar unha gran baixada, marcando o rexistro máis rápido dos cadetes e coroándose deste xeito como campión de España!!!
En C1 xuvenil sería o turno para Miguel Ángel Lorenzo. Despois de marcar o terceiro mellor crono na semifinal e cando ía realizando un magnífico recorrido na final, unha perda de equilibrio na complicada porta 14 do recorrido provocarían o volco e posterior esquimotaxe do Salcedense. A rápida maniobra non foi abondo para salvar o 50 na porta 15 perdendo as opcións de medalla e quedando tamén relegado ao quinto posto.
En C1 senior, Marcos Fortes detivo o crono na manga de semifinal nun tempo competitivo pero non suficiente para obter o paso a finais quedando 12º.
Na categoría de K1 home cadete, Iago Varela conseguiu encaixar a mellor baixada do ano na final do campionato de España. Cunha gran navegación e precisión en todas as súas trayectorias, marcou o mellor dos rexistros cunha incrible ventaxa de 10 segundos nesta sempre apretada categoría!!! Outro campión por tanto de España do Penedo Teimporta!!! Borja González, así mesmo, obtivo un meritorio 9º posto que lle soubo a pouco a este ambicioso palista que foi quen de subir varias veces a podium nas anteriores copas de España.
Un balance por tanto moi positivo dos do Penedo Teimporta:
- 3 campións de España: Borja González en C1 HOME CADETE, Ainhoa Lameiro en C1 MULLER XUVENIL, Iago Varela en K1 HOME CADETE.
- Tres prazas aseguradas para o Europeo: Ainhoa Lameiro en C1 e K1 MULLER JUNIOR e Daniel Pérez en C1 JUNIOR
- Dous ouros nas categorías por equipos: 3 X C1 HOME CADETE (Brais Caride, Borja González e Daniel Pérez), 3 x K1 HOME CADETE (Iago Varela, Borja González e Daniel Pérez)
Todos estes grandes resultados permitíronlle finalizar ao Club Piragüismo Penedo Teimporta neste campionato de España nun meritorio 4º lugar!!!! Moitas gracias e felicidades a todos os que facedes que isto sexa posible!!!!