Gran actuación de Dani Pérez e Ainhoa Lameiro do PENEDO Teimporta no mundial junior e sub 23 de Ivrea- Italia

Nas xornadas do sábado e do domingo os nosos padexeiros do Penedo Teimporta pecharon a súa actuación no mundial Junior e sub 23 disputado en Ivrea.

Os percorridos trazados para as semifinais, onde só os 10 mellores conseguen acceso a final, contaron coa dificultade e dureza propia dun evento deportivo desta índole, nas zonas de maior desnivel foron tamén situadas as maniobras de maior dificultade técnica e esixencia física.

Daniel Pérez fixo un recorrido moi rápido, cun tempo o suficientemente rápido para entrar nas finais pero, os nervios propios da xuventude (aínda é cadete), fixéronlle cometer pequenos erros traducidos en toques e por tanto penalizacións que o arredarían dos postos da final. Finalmente finalizou en 20º posto. Un gran resultado en dúbida tendo en conta a súa xuventude e o elevado nivel da proba!!

A xa medallista en C2 MIXTO Ainhoa Lameiro, non puido obter acceso a final de k1 junior por pequenos problemas de trayectorias e penalizacións. Finalmente rematou a proba en 20º posto. Na súa modalidade predilecta, o C1, afrontou o inicio da baixada de forma veloz e contundente, indo no primeiro parcial 3.43 por debaixo do mellor parcial ata entón das súas rivais. Sen embargo, na zona intermedia, un percance fíxolle cometer dúas penalizacións de 50s que lle arrebatarian toda opción de loitar pola final. 28º posto que quizáis lle sepa a pouco a nosa crack pero do cal nos debemos de sentir todos moi orgullosos, non todos os días se rema a semifinal dun mundial!!!!

En resumo, unha gran actuación dos nosos:

Dani Pérez, a pesar de ser o seu primeiro mundial sendo aínda cadete, conseguiu acceder as semifinais finalizando 20º, e cun tempo que lle permitiría acceder as finais de non ser polas penalizacións.

Ainhoa conseguiu unha medalla de bronce nun campeonato do mundo en C2 MIXTO, sendo a primeira galega en conseguilo en slalom olímpico. Volta ademáis para casa con dúas semifinais debaixo do brazo, tanto en k1 como en C1

Estes resultados enchen a un club humilde como o Penedo Teimporta de orgullo, satisfacción e ilusión por seguir traballando nesta liña e seguir sendo canteria de campións como Dani e Ainhoa!!!

Parabéns rapaces polo gran traballo feito!!!! Superorgullosa toda a familia do Penedo Teimporta de vós!! Grandes!!!