Un fin de semana cheo de actividade para o Penedo Teimporta!!!

Esta fin de semana os nosos padexeiros están distribuidos por toda EUROPA!!!!

Ainhoa e Dani atópanse en IVREA- ITALIA, adestrando para o mundial JUNIOR que terá lugar alí o próximo fin de semana. Van atopando pouco a pouco os trucos do canal para dar o seu máximo nivel cando compitan contra os mellores padexeiros do mundo dende o próximo mércores.

Ademáis, os máis peques xa se atopan en Sort para disputar a II COPA DE ESPAÑA DE JÓVENES PROMESAS que terá lugar no Noguera Pallaresa. No día de mañá loitarán nas mangas clasificatorias para obter o seu paso as semifinais do domingo.

Por outra banda, Miguel Lorenzo atópase en Sabero-León nunha concentración do equipo nacional SUB 23 dende o mércores. Os palistas Borja e Iago tamén se atopan alí adestrándose para o campionato de España que terá lugar na Seu D´Urgell no último fin de semana de mes.

As nosas rapazas de kayakpolo tampouco paran, estando Laura e Eva formando parte da cuarta e última concentración nacional da tempada en Murcia preparatoria para o mundial.

MOITA FORZA PARA OS NOSOS CAMPIÓNS DO PENEDO TEIMPORTA!!!