O Penedo Teimporta consegue o segundo posto na casa na Liga de Promoción!!!

Este domingo 22 de abril dispotouse na nosa casa, no Cordeiro, a II Copa Galaico Portuguesa de Promoción de Slalom. Os nosos rapaces Dani Farrapeira, Hugo barros, Aarón, Joaquín e Valentín deron o seu máximo alcanzando os seguintes resultados:

  • Aarón foi ouro en C1 gracias a una impresionante primeira manga na que tamén conseguiu o segundo mellor tempo dos infantís. Ademáis, a súa xesta non parou aquí conseguindo ademáis un bronce en k1 alevín
  • Valentín venceu pola súa banda en k1 alevín firmando tamén un gran rexistro. En C1 quedou cerca do pódium ao ser cuarto
  • Joaquín foi cuarto en C1 infantil moi perto do pódium firmando tamén una boa baixada. En k1 finalizou pola súa banda en sexta posición.
  • Hugo Barros finalizou quinto en C1 en e foi noveno en k1 infantil.
  • Daniel Farrapeira fixo tamén una boa competición finalizando sexto en C1 alevín e noveno en K1 alevín

Todos estes grandes resultados permitíronlle ao noso club, O Penedo Teimporta, alcanzar o segundo posto na clasificación por equipos.

A seguinte cita terá lugar en Tuy en mayo na III Copa de Promoción así que vémonos alí!!!