Todo a punto para os selectivos Junior e SUB 23 !!!

Os nosos palistas do Penedo Teimporta están xa preparados para disputar os selectivos junior que terán lugar esta fin de semana na Segre CUP:

  • Ainhoa Lameiro loitará por entrar no equipo nacional junior en C1 e K1 despois de imponerse con autoridade nas últimas probas de copa de España
  • Miguel Ángel Lorenzo buscará tamén praza no equipo junior na categoría de C1 despois de obter dúas medallas nas dúas primerias copas de España
  • Daniel Pérez e Borja González, sendo aínda cadetes, loitarán tamén por acceder ao equipo junior en C1 despois de conseguir entre ambos varias medallas nas primeiras copas de España cuns tempos moi competitivos na categoría junior
  • Iago Varela sendo tamén aínda cadete, loitará pola súa parte por unha praza na apretada categoría de k1 junior

Posta xa a maquinaria a punto dende o Penedo Teimporta queremos desexarvos a mellor das sortes tanto a vós coma o resto dos palistas galegos que alí tamén competirán.

A POR TODAS RAPACES!!!!!!