O Penedo Teimporta desprazouse esta fin de semana cos máis pequenos ao Rosal, onde cativos e cativas de toda Galicia competiron nunha bonita paraxe e onde os nosos, como non podía ser doutro xeito, competiron dando o seu máximo obtendo destacados resultados:
- Nayara Cortegoso foi prata en C1 MULLER ALEVÍN, gran actuación da de Ribadelouro que así mesmo foi 4ª en k1 MULLER ALEVÍN.
- Carlos Rodríguez tamén desempeñou un gran papel obtendo metais por partida dobre: foi prata en C1 HOME INFANTIL e bronce en K1 HOME INFANTIL.
- Brais Gómez foi bronce en C1 HOME INFANTIL logo de realizar tamén unha boa baixada.
- Alicia dos Santos foi a agradable sorpresa da xornada ao ser bronce en k1 muller benxamín logo dunha gran primeira manga.
Tamen destacada actuación de Xián Gómez que foi quinto en K1 HOME BENXAMIN e Kevin Cortegoso que foi tamén quinto en C1 HOME INFANTIL.
Todos estes grandes resultados permitíronlle ao Penedo Teimporta ser terceiro por clubes!!
Noraboa rapaces!!!