Ainhoa Lameiro debuta coa selección absoluta no Campionato de Europa

Hoxe tiveron lugar as mangas clasificatorias do Campionato de Europa de Slalom Olímpico nas categorías K1 masculino e C1 femenino onde Ainhoa Lameiro do Penedo Teimporta representa ao equipo nacional xunto a Klara Olazabal e Nuria Vilarrubla.

Na primeira manga clasificatoria, a pesar de descender velozmente polo percurso do Canal de augas bravas de Pau, 6 segundos de penalización xunto a pequenos erros non lle permitirían a xoven deportista Salcediense pasar o corte a semifinais de xeito directo.

Na manga de repesca, Ainhoa non tivo a súa baixada acumulando 7 penalizacións que desafortunadamente a privarían de poder superar o corte a semifinais. Sen embargo, a lectura debe ser positiva xa que debe ser tida en conta a xuventude desta padexeiraa, a cal, no seu primeiro ano de senior foi quen de facerse un oco no poderoso equipo español de c1 feminino. Ademais, pola tarde competirá por equipos xunto a Klara e Nuria tendo unha nova posibilidade de loitar por todo.

Gran experiencia por tanto e todo un orgullo para o PENEDO TEIMPORTA gozar de tan boa representación polo mundo adiante!! A seguir así campioa!!