O Penedo Teimporta, subcampión galego de Slalom

Esta fin de semana tivo lugar no río Coura, ao seu paso pola fermosa paraxe de Azenhas de Pagade (Covas-Portugal) o campionato galego de Slalom Olímpico.

Na xornada do sábado os nosos padexeiros realizaron unha toma de contacto nos adestramentos libres.

O domingo tiveron comezo as mangas clasificatorias, nas que só o xoven palista Hugo Barros quedaría fora por un erro na zona más técnica do recorrido. Coa gran parte do equipo clasificado para as finais, os nosos non defraudaron destacando os seguintes resultados:

Borja González proclamouse campión galego na categoría C1 HOME JUNIOR e así como bronce en K1 HOME JUNIOR

Iago Varela proclamouse campión galego pola súa parte na categoría K1 HOME JUNIOR

Brais Caride fixo o propio na categoria C1 HOME CADETE

Marcos Fortes así mesmo foi quen de obter dous Bronces nas categorias K1 HOME SENIOR e C1 HOME SENIOR

Todos estes grandes resultados xunto co esforzo de todos os nosos padexeiros permitíronlle ao clube proclamarse subcampión galego de Slalom Olímpico!!

Moitas felicidades a todos!!

Agora xa toca poñer a vista e traballar duro de cara ao campeonato de España de slalom olímpico que terá lugar na Seu D`Urgell no mes de agosto!!