Esta fin de semana tivo lugar na Seu D`Urgell a III Copa de España de Slalom Olímpico na famosa canle olímpica do Segre que tamén será sede este ano do campionato do mundo. O Penedo Teimporta contou coa representación de dez padexeiros. Nun esixente recorrido a vez que técnico e rápido, os padexeiros do Penedo Teimporta foron quen de conseguir os seguintes metais o domingo:
- Daniel Pérez foi prata en C1 HOME JUNIOR acompañado no terceiro lugar por Borja González
- Ainhoa Lameiro foi bronce en C1 MULLER SENIOR
- Brais Caride foi pola súa banda bronce en C1 HOME CADETE
Estes grandes resultados unido ao gran desempeño de toda a expedición permitíronlle ao clube finalziar nunha destacada 4ª Posición!!
Noraboa a todos e vémonos xa o próximo fin de semana no campionato galego de slalom que terá lugar o próximo fin de semana en Covas, vémonos na auga!!