A pasada fin de semana pecháronse os selectivos para escoller aos palistas que representarán a España nas competicións internacionais. Nunhas probas conxuntas realizadas cun país de referencia neste deporte como é Francia, o nivel estivo a altura do agardado desenrolándose ao longo das xornadas selectivas slalom ao mellor nivel.
O Penedo Teimporta partiu cara os selectivos cunha expedición integrada por 5 palistas, sendo un dos clubes cun maior número de deportistas clasificados de toda España:
- Ainhoa Lameiro Rodríguez
- Daniel Pérez Cortegoso
- Borja González Martínez
- Iago Varela Muñoz
- Brais Caride Rocha
Os nosos desempeñaron un gran papel. En varias fases dos selectivos tivemos un total de 4 palistas dentro; Borja e Iago loitaron estoicamente ata o final, barallándose constantemente entre os 4 primeiros. Unha carambola de resultados na última das probas deu lugar a que os nosos se visen relegados a 4ª posición quedando as portas do equipo. Loitarán de novo no campionato de España con todas as súas forzas por este ansiado terceiro posto. Brais Caride tamén desempeñou un bó papel, sendo o único canoísta cadete da competición; destes selectivos puido asimilar importantes aprendizaxes de cara a citas venideiras.
As boas, moi boas noticias chegarían da man de Ainhoa e Dani. Ainhoa conseguiu remar de forma maxestuosa, chegando incluso a gañar unha manga no que é o seu primeiro ano de senior contra deportistas de gran experiencia e calidade. este bó facer permitiulle non só sacar praza en sub23, senón que tamén obter a praza para o equipo senior absoluto en C1 MULLER. Será esta sen dúbida unha gran tempada para Ainhoa xa que pareticipará nos campionatos de Europa e do Mundo sub23 así como no circuito mundial absoluto.
Dani Pérez conseguiu remar a un gran nivel durante todos selectivos, sendo o mellor junior (aínda é junior de primeiro ano), segundo sub23 e o cuarto mellor canoísta senior. Unha gran actuación sen dúbida que lle permitirá ao canoísta de Alxén acudir as citas internacionais de junior e ter incluso as portas abertas a participar nalgunha copa do mundo absoluta.
Un grandísimo desempeño por tanto de todos os padexeiros do PENEDO TEIMPORTA!!
Noraboa a todos rapaces!! Un orgullo para o Penedo Teimporta que vexa defendida as súas cores por tan boa representación!!!