O domingo 28 de abril tivo lugar no río Tea, ao paso polo Cordeiro en Alxén (Slavaterra de Miño) a II Copa Galaicoportuguesa de Promoción de Slalom na que o Club Piragüismo Penedo Teimporta actuou como organizador.
Cun caudal prácticamente idílico, tendo en consideración a época do ano na que tivo lugar a proba, o clube organizador, o Penedo Teimporta de Caldelas de Tui, trazou un esixente percorrido para os máis pequenos tanto a nivel técnico como físico. A espectacularidade do percorrido xunto a unhas agradables condicións meteorolóxicas, deron lugar ao disfrute de deportistas así coma de espectadores que alí se atopaban.
Déronse un total de 61 saídas, con promesas de todo o territorio galego representando aos seguintes clubes:
- Club Piragüismo Penedo Teimporta (organizador)
- Club Piragüismo Quixós
- Club Piragüismo Deportivo Miño de Goián – Teixugos
- Club Tea de Mondariz
- Club Deportivo Municipal Dumbría
- Club Canoagem de Amaras de Vizela
O clube Piragüismo Penedo Teimporta finalizou a proba cun total de 3 medallas:
- Valentín Varela Muñoz foi ouro en K1 HOME INFANTIL e bronce en C1 HOME INFANTIL
- Aarón González Suárez foi pola súa banda prata en C1 HOME INFANTIL
Estes grandes resultados permitíronlle ao clube subir ao segundo posto na clasificación final por clubes.