Este domingo 28 de abril, o Club Piragüismo Penedo Teimporta organiza a II COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLALOM no río Tea, ao seu paso polo Cordeiro, Alxén-Salvaterra de Miño.
A proba constará dos seguintes horarios:
- 9:30 Reunión de xefes de equipo
- 9:45 Demostración do recorrido
- 10:00 Primeira manga
- 12:00 Segunda manga
- 14:00 Entrega de medallas e trofeos
Promesas de todo o territorio galego competirán ao máis alto nivel asegurando un gran espectáculo, así que non volo perdades!!
Agradecer a colaboración de todos os membros do clube que aportan o seu graniño de area para que cada ano se poida celebrar este bonito evento así como as seguintes autoridades: Deputación de Pontevedra, Federación Galega de Piragüismo, Concello de Salvaterra, Concello de Tuy, Concello de Salceda, Secretaría Xeral para o Deporte así como os nosos patrocinadores Telmoimport Teimporta, Thermalia, Recambios Ojea sen esquecernos da colaboración para a proba de Electra Altomiño, Gadis e Eurobanan.
Vémonos domingo na auga!!