Este pasado fin de semana tivo lugar en Orthez, a I Copa De España de slalom olímpico. Na xornada do sábado tiveron lugar as mangas clasificatorias nas que confirmaron o seu pase a semifinais os seguintes palistas do Penedo Teimmporta: Marcos Fortes, Fran Otero, Iago Varela, Borja González, Brais Caride, Ainhoa Lameiro e Daniel Pérez.
Nun trazado máis esixente produciuse o domingo a loita polo acceso as finais onde Ainhoa, Dani, Borja, Iago, Brais e Fran certificaron o seu pase.
Xa nas finais, un gran papel desempeñado pñolos nosos permitiron traer para casa os seguintes metais:
- Ainhoa Lameiro foi ouro en C1 MULLER SENIOR
- Daniel Pérez tamén conseguiu alzarse coa victoria na categoría C1 HOME JUNIOR
- Borja González foi prata firmando un fermoso dobrete do Penedo na categoría C1 HOME JUNIOR
- Brais Caride foi así mesmo vencedor na categoría C1 HOME CADETE
Destacada actuación de Iago Varela en k1 home junior sendo quinto, Borja González cunha tamén destacable sétima praza e Fran Otero co décimo posto nesta apretada categoría de K1 HOME JUNIOR
O gran papel e o esforzo feito por todos os palistas permitíronlle ao PENEDO TEIMPORTA ser cuartos clasificados por clubs!!
Noraboa a todos e vémonos na seguinte proba!!