Este domingo 10 de febreiro o Club Piragüismo Penedo Teimporta organiza a III Copa Galega de Slalom Olímpico no Cordeiro. No fermoso río Tea, ao seu paso por Alxén, no lugar do Cordeiro, os mellores padexeiros do panorama galego batiranse o domingo nunha copa galega na que se anticipan moitas emocións!!
Dende o Penedo Teimporta queremos animarvos a todos a que asistades e disfrutedes deste bonito espectaculo!!
Horarios da proba:
- 9.00 Reunión de xefes de equipo
- 10.30 Demostración do trazado
- 11.00 Comezo das mangas clasificatorias
- 12.30 Comenzo das finais
- 13.30 Entrega de medallas
Esperámovos a todos alí!!!