Este domingo tivo lugar en Dumbría, no río Xallas na zona coñecida como o Couquiño, o Campionato Galego de Promoción de Slalom no que deportistas das categorías pre/benxamín, alevín e infantil de todo o territorio galego se deron cita.
Os nosos peques fixeron un gran papel traendo para casa un total de 5 medallas:
- Aarón González foi campión galego en C1 HOME ALEVÍN
- Valentín Varela conseguiu dúas medallas de prata en C1 HOME ALEVÍN e K1 HOME ALEVÍN
- Paula Ricón conseguiu a prata en C1 MULLER INFANTIL
- Joaquín Tajes así mesmo tamén conseguiu a prata en C1 HOME INFANTIL
Un total, por tanto, de 5 medallas; un ouro e 5 pratas que, xunto ao esforzo e bo desempeño de Hugo Barros, Hugo Ricón, Lola Ricón, Dani Farrapeira e Nicolás González permitíronlle ao Club Penedo Teimporta proclamarse SUBCAMPIÓN galego!!!
Noraboa a todos!!!!