Esta fin de semana tivo lugar, na canle olímpica da Seu D’Urgell, o Campionato de España de Slalom Olímpico! Esta comprende a competición individual así como a competición por equipos, destacando os seguintes resultados:
- Borja González obtivo un gran terceiro posto na categoría C1 HOME SENIOR. O de Budiño conseguiu, a pesares dun toque e dunha lixeira perda de tempo na parte final do recorrido, realizar un bo descenso despregando unha gran velocidade xa presente dende as mangas clasificatorias. Na mesma categoría Miguel Ángel Lorenzo foi 15º
- Ainhoa Lameiro, se ben estivo remando moi rápida na manga clasificatoria asi como na semifinal, debido a unha penalización nun remonte así como lixeiras perdas de tempo no descenso, relegarían a de Salceda a 4ª posición na categoría C1 MULLER SENIOR
- Valentín Varela, se ben remou a gran nivel na semifinal, concurriu nunha penalización de 50 segundos na final véndose relegado a 10ª posición co quinto mellor tempo da categoría K1 HOME JUNIOR. Na mesma categoría Héctor Gómez finalizou en 43ª posición.
- Aarón González tamén correría unha sorte similar a de Valentín, experimentando dificultades na última parte do recorrido que o levaron a penalizar 50 segundos. Finalizou deste xeito en 9ª posición na categoría C1 HOME JUNIOR. Na mesma categoría Brais Gómez finalizou en posición 18ª posición e Kevin Cortegoso en 20ª posición.
Na competición por equipos os nosos junior desempeñaron unha boa actuación en C1 HOME JUNIOR obtendo o segundo posto e o outro equipo de canoa pero desta vez senior, finalizou en quinta posición
O esforzo e bo desempeño dos nosos deportistas permitíronlle ao clube finalizar nunha destacada cuarta posición na clasificación por clubes!!
Noraboa a todos!!