Gran debut de Daniel Pérez co equipo nacional no Campionato Europeo

Hoxe tiveron lugar as mangas clasificatorias para as categorías de K1 MASCULINO e C1 MASCULINO, onde contamos coa representación de Daniel Pérez Cortegoso xunto ao olímpico Ander Elosegui e o dobre campión do mundo junior Miquel Travé.

Na primeira manda clasificatoria, Dani foi quen de fluir coma nos ten acostumados, sen embargo, un erro de traxectoria cara o remonte 4 xunto a un toque na porta 17, imposibilitaríanlle ao xoven palista do Penedo acceder directamente as semifinais, obligándoo a ir a repesca.

Na manga de repesca, Dani ía navegando moi sólidamente, de forma rápida e segura. Sen embargo, nunha das zonas máis delicadas do circuito, o noso padexeiro perdeu a liña boa de auga no rulo que precedía a porta 17 de xeito que non chegou a ela e tivo que remontala. Esta perda de tempo imposibilitaríalle ter opcións de superar o corte debido ao elevado nivel existente ( o campión olímpico actual, Denis Gaugaud Chanut tampouco deu superado o corte) neste Europeo que se disputa en ano preolímpico.

En resumo, unha sólida actuación de Daniel Pérez, quen de seguro extraeu experiencia e grandes aprendizaxes para as numerosas citas internacionais que de seguro terá por diante.

Dende o Penedo Teimporta é un orgullo contar con tan boa representación nunha cita de tal nome cómo é o campionato de Europa!! Grande Dani!!