O Penedo Teimporta fai historia aportando a dous padexeiros ao equipo nacional absoluto:
- Ainhoa Lameiro, natural de Salceda de Caselas, no seu primer ano de senior, consegue unha maís que meritoria praza no equipo nacional na categorÍa C1 MULLER XUVENIL, categoria que será olímpica por primeira vez en Tokyo 2020
- Daniel Pérez, natural de Salvaterra de Miño, consegue así mesmo, sendo ainda un xuvenil de primeiro ano, praza no equipo nacional absoluto na categorÍa C1 HOME SENIOR, compartindo filas co olímpico Ander Elosegui e co dobre campión do mundo Miquel Travé.
Este fito permitirá que os nosos remen no circuito absoluto de Slalom Olímpico de Copas do Mundo, incluído campionatos de Europa e do Mundo, todo unha proeza que sen dúbida constituirá unha gran experiencia para os nosos xóvenes padexeiros.
Hoxe, 29 de maio comeza oficialmente a súa primeira gran cita do calendario, coa ceremonia de apertura do Campionato de Europa de Slalom Olímpico o cal se disputará ao longo deste fin de semana en Pau (Francia)
Dende o Club Piragüismo Penedo Teimporta queremos manifestar o gran orgullo que supón contar con padexeiros deste gran nivel entre as nosas filas e desexarlles por suposto a mellor das sortes neste periplo mundial.
Moita forza rapaces, estamos todos con vós!!!
PD: podedes seguir o campionato a través da páxina oficial:
https://www.pau-canoe-kayak.fr/page/402885-championnat-d-europe-eca