Este sábado 22 de decembro tivo lugar no Río Tea, ao seu paso por Mondariz Balneario, a I Copa Galega de Slalom Olímpico. Cun bo caudal e un esixente recorrido, as prestacións dos nosos padeixeiros foron postos a proba respondendo estes con grandes resultados:
- Brais Caride foi ouro en C1 HOME CADETE
- Daniel Pérez e Borja González completaron os dous primeiros postos do podium na categoría C1 HOME JUNIOR
- Marcos Fortes foi pola súa banda foi prata no C1 HOME SENIOR
- Iago Varela e Borja González fixeron outro dobrete para o Penedo Teimporta na categoría K1 HOME JUNIOR
- Michael Lorenzo conseguiu a tan ansiada e traballada medalla de bronce en K1 HOME SENIOR
Un total de 7 medallas unidas ao esforzo e bo facer de palistas coma Fran (un gran cuarto posto en k1 junior), Hugo Barros, Miguel Ángel, Joaquín e Agoney, permitíronlle ao clube proclamarse CAMPIÓN desta I COPA GALEGA!!!
NORABOA A TODOS!!!
Vémonos na II Copa Galega a disputarse en Covas o último fin de semana de xaneiro!!