Daniel Pérez e Ainhoa Lameiro do Penedo Teimporta vencen no campionato catalán!!

Esta fin de semana, os nosos padexeiros Ainhoa e Dani competiron no campionato catalán de slalom que tivo lugar no parque olímpico da Seu d`Urgell, obtendo ambos os mellores rexistros nas súas respectivas categorías: Daniel Pérez foi mellor C1 CADETE e Ainhoa Lameiro foi a mellor C1 XUVENIL!!

Dous bos resultados que acreditan o bo traballo que están a realizar os nosos palistas no CEARD da Seu D`Urgell coas vistas postas na próxima tempada.

Dende o Penedo queremos resaltar o gran esforzo dos dous, os cales se atopan adestrando a 1200 km da casa para competir ao máximo nivel na próxima tempada, GRANDES RAPACES!!!