Este domingo 2 de setembro tivo lugar no Couquiño (Dumbría), o campionato galego de slalom olímpico. O Penedo Teimporta acudiu ao evento cunha expedición de 14 palistas. A primeira manga clasificatoria foi superada por case todos os nosos cumplindo as expectativas existentes.
Xa na manga de final, onde se deciden os campións galegos, a actuación dos padexeiros Teimporta poderíase calificar de sobresaínte. Na categoría C1 cadete, produciríase un novo triplete dos nosos. Daniel Pérez foi ouro, Borja González conseguiría a prata e Brais Caride o bronce. En C1 junior, Miguel Ángel Lorenzo non foi quen de repetir victoria en c1 Xuvenil debido a un inesperado volco, véndose relegado ao terceiro posto. Daniel Núñez conseguiu un sorprendente segundo posto a só un toque da victoria. En c1 home senior, Marcos Fortes foi prata, no medio dos palistas internacionais Luis Fernández, campión galego, e Brais Castro.
En k1 home cadete Iago Varela imporíase cunha gran baixada, acumulando, xunto ao título de campión de España, o título de campión galego. En k1 home Xuvenil, Daniel Núñez voltou subir ao podium pero esta vez polo título de campión galego junior. AInhoa Lameiro, pola súa banda, xa nos ten mal acostumados e conseguiu voltar de Dumbría con doble campionato galego en C1 e k1 muller junior.
En resumo, un total de 5 ouros, 3 pratas e 2 bronces, xunto ao gran traballo e esforzo feito por todos, permitíronlle ao Penedo Teimporta, coroarse como campión galego de Slalom Olímpico nesta temporada!!!!
Moitas gracias a todos e vémonos na auga!!!