Hoxe as cousas non voltaron a saír coma os nosos padexeiros do Penedo Teimporta quixeran en categoría individual. Ainhoa non conseguiría o pase a semifinais en k1 junior ao non ser esta a súa categoría predilecta mentres que Dani quedou moi pertiño de conseguir o seu billete a semis tanto na primeira manga clasificatoria coma na repesca. Na primeira manga un error na metade do circuito xunto a unas cantas penalizacións provocaron que Dani quedase 16º, pasando só 15 directos a semifinais. Na repesca, despois de vir mellorando e con moitas opcións de pasar, una penalización 50 segundos no remonte 16 arrebataríanlle a Dani calquera de opción de superar a clasificatoria.
Por equipos, sen embargo, a sorte dos nosos mudaría. Ainhoa, xunto a Clara e Xanet, conseguiron un meritorio sexto posto en C1 JUNIOR mentres que Dani xunto a Pau e Miquel conseguiron ser quintos tamén en C1 JUNIOR
No Penedo Teimporta estamos moi orgullosos dos nosos campións e queremos desexarlle moita sorte aos nosos cracks e a todo a delegación española para o resto de probas que aínda faltan!!
Dende o Penedo Teimporta tamén queremos felicitar a Luis Fernández polo seu pase a semifinais, o único padexeiro da expedición galega que estará nas semifinais deste esixente Campionato de Europa.
Para Ainhoa e Dani aínda faltan aínda as competicións en C2 mixto, proba na que de seguro farán un gran papel!! Ánimo rapaces e a por todas!!!