A nosa padexeira do Penedo Teimporta non tivo hoxe o mellor dos seus días na súa categoría predilecta, o c1 junior. Despois duns pequenos erros na primeira manga clasificatoria, a salcedense veuse obrigada a remar a repesca na que só 5 palistas obteñen o seu billete para a semifinal. Xa na repesca, unha pérdida de traxectoria na porta 10 provocou que Ainhoa tivese que remontar esta porta despois de vir marcando o mellor primeiro sector. Esta pérdida de tempo arredarían a nosa canoísta ao 11º posto da repesca quedando por tanto fora da semifinal. Unha lástima tengo en conta a capacidade técnica e o estado de forma de Ainhoa en c1 pero así é o slalom!!! Moito ánimo para a nosa crack que aínda queda moito Europeo co k1, C2 mixto e coas patrullas!!!
Mañá continúa o Europeo sendo Ainhoa a primeira en participar en K1 JUNIOR as 9.12 e posteriormente será Dani quen realice a súa primeira manga clasificatoria no Europeo as 9.53.
Moitísima sorte aos nosos rapaces así como o resto da delegación española para mañá!! A dalo todo!!!