Hoxe tivo lugar a cerimonia de inauguración do campionato de Europa de slalom que terá lugar no coñecido e famoso canal de Kunovo, en Bratislava, dende hoxe ata o 19 de agosto.
Ainhoa e Dani, despois de dez días de adestramento e acondicionamento no esixente canal eslovaco, xa se atopan a punto para loitar por todo nos próximos días. Xunto a eles tamén competirán como representantes galegos Luis Fernández e Brais Castro.
A primeira das baixadas dos nosos terá lugar mañá a partires das 10.30 para Ainhoa. Dani terá que agardar o seu turno ao xoves. Irémovos informando do transcurso da competición ao longo dos días así que permañecede atentos!!
Moitísima sorte e forza aos nosos campións do Penedo Teimporta!!! Vos podedes!!!!