Octavo posto para Laura Fernández e as nosas no mundial de kayakpolo de Canadá!!!

A nosa padexeira Laura Fernández desempeñou un gran papel coa selección Española de Kayakpolo no campionato de Mundo celebrado en Canadá; estando situada entre as 10 máximas goleadoras do Torneo.

Despois de realizar unha gran primeira ronda, as nosas lograron o pase segundas de grupo para loitar por todo.

Xa na segunda ronda, tras realizar grandes partidos contra as seleccións de Singapur e Estados Unidos, nos que a selección española obtivo dúas merecidas victorias, non foi posible facelo mesmo contra as seleccións de Francia, Italia e Nova Zelanda, perdendo pola mínima contra esta última selección. Como resultado da fase, as nosas entraron no segundo grupo das semifinais no que se puña en xogo dende o 5º ata o 8º posto.

Neste grupo, as nosas foron derrotadas pola mínima frente a Holanda despois dun gran encontro, no que quizáis a fortuna acabou decantando o resultado a favor das holandesas pola mínima (3-2). Deste xeito, España pasou ao derradeiro encontro no que se puña en xogo o séptimo e octavo posto contra Suiza. Nun emocionante encontro, coas forzas moi igualadas entre os dous equipos contendentes, chegaríase ao empate transcurridos os dous tempos regulamentarios. Durante o gol de ouro, un tiro fortuito das Suizas rematou coándose na portería española convertíndose nun dos goles máis espectaculares do mundial. Este gol decantaría por tanto o encontro en prol das Suizas finalizando España deste xeito nun destacado Octavo lugar!!

Dende o Piragüismo Penedo Teimporta non podemos estar máis orgullosos da nosa campioa Laura Fernández pola grande actuación feita, coróandose como unha das xogadoras máis destacadas do torneo ao finalizar este entre as 10 máis goleadoras. Eres moi grande Laura!!!!