Pleno dos do Penedo Teimporta en IVREA!!!!

Esta mañá disputáronse en IVREA as mangas clasificatorias para as semifinais do mundial Junior onde só teñen lugar os 30 mellores do mundo por categoría. Daniel Pérez logrou realizar una gran baixada, moi rápida e fluida e con dúas penalizacións que non pesaron demasiado xa que obtivo o pase directo as semifinais.

Ainhoa pola súa banda obtivo tamén o pase directo na categoría de C1 JUNIOR MULLER cunha gran baixada pero non pararía ahí a súa xesta. Na categoría de K1, ainda que cuns poucos máis apuros ao ter que competir na manga de repesca, tamén conseguiu clasificarse para as ansiadas semifinais.

Unha actuación por tanto destacadísima dos nosos quenes foron capaces de asegurar a súa participación nas semifinais dun mundial en todas as categorías, facendo por tanto pleno.

O sábado serán as semifinais así que permanecede atentos!!!

ENHORABOA RAPACES POR ESTA GRAN PARTICIPACIÓN, A SEGUIR ASÍ E A POR AS FINAIS O SÁBADO!!!