Hoxe tivo lugar a ceremonia de inauguración do campeonato do mundo Junior e sub23 no que competirán os nosos palistas do PENEDO TEIMPORTA Ainhoa Lameiro e Daniel Pérez. Xunto a eles tamén competirán outros tres galegos: Manuel Ochoa e Luis Fernández dos TEIXUGOS, e Lorena Costa do CDM Dumbría.
Mañá domingo e luns disporán de dúas sesión de adestramento mentres que o martes terá comezo a súa participación no mundial coas competicións por equipos.
Manterémosvos informados dos progresos dos nosos campións do PENEDO TEIMPORTA así que permanecede atentos!!
Mentres tanto todo o PENEDO TEIMPORTA quere desexarlles a Dani e Ainhoa así como a todo a delegación galega e española a mellor das sortes así como moito ánimo e forza!!!
ESTAMOS TODOS CON VÓS!!!