O Piragüismo Penedo Teimporta segue a coleccionar medallas e bos resultados. Proba disto é que os nosos voltaron de Ribadumia con 4 medallas dos seguintes padexeiros:
- Valentín foi quen de subir dúas veces ao podium sendo ouro en k1 home alevín e bronce en c1.
- Aarón González Suárez impúxose pola súa banda en c1 home alevín sendo por tanto ouro
- Joaquín Tajes conseguiu a cuarta medalla subindo ao terceiro escalón do podium na categoría C1 HOME INFANTIL
Tamén destacou Hugo Barros acariciando o podium cun cuarto lugar en C1 Home infantil. A nosa padexeira Sofía tamén obtivo un meritorio quinto posto no que foi o seu debut.
Un gran traballo de todos eles que lle permiten ao noso clube ser cuartos, moi perto do podium!!
A próxima cita terá lugar o próximo 17 de xuño en Ponteareas onde daremos o noso máximo para voltar ao podium!!!! Vémonos alí!!