Esta fin de semana disputose, no río Tea ao seu paso por Mondariz Balneario, a 2ª Copa de España de Slalom Olímpico. Un bo caudal xunto a unhas agradables condicións meteorolóxicas permitiron o disfrute de deportistas e espectadores ao longo das dúas xornadas de sábado e de domingo.
O club presentouse nesta proba cunha das maiores inscripcións realizadas ata a data contando cun total de 31 saídas. Na xornada do sábado, un total de 16 padexeiros conseguiron superar as mangas clasificatorias. Na xornada do domingo, unha vez máis, os nosos mantiveron o listón alto clasificando un total de 7 saídas para as finais. Nunhas emocionantes finais o noso clube conseguiu un total de 6 medallas:
- Ainhoa Lameiro conseguiu un novo dobrete impoñéndose nas categorías de C1 e K1 Xuvenil con autoridade. Dous ouros por tanto para a nosa padexeira de Salceda
- Miguel Ángel Lorenzo, tamén de Salceda, conseguiu a medalla de prata en C1 XUVENIL
- Borja González foi ouro en C1 cadete compartindo pódium con Daniel Pérez, quen finalizou no terceiro posto.
- Iago Varela foi así mesmo terceiro na categoría K1 CADETE
Os grandes resultados anteriores permitíronlle ao club obter un destacado TERCEIRO POSTO na clasificación de clubes!!!
Dende o Club Piragüismo Penedo Teimporta queremos agradecer a colaboración das seguintes entidades,responsables tamén deste éxito:
- Institucións colaboradoras: Concello de Tui, Concello de Salceda, Concello de Salvaterra, Diputación de Pontevedra e Secretaría Xeral para o Deporte
- Patrocinadores: Telmo Import Te Importa, Thermalia Tui, Silva Paramos, Plastigraphic, Talleres Jeral, Recambios Lodauto, Bar A Capela, Accesorios del Louro, Neumáticos Tonio, Restaurante Bar As Rodas, Esplendor, Empresa Raúl Faldón.
A próxima cita terá lugar en dous fins de semana na SEGRE CUP, onde os nosos palistas buscarán o acceso ao equipo nacional Junior e SUB 23. Vémonos alí!!!!