Os nosos padexeiros deron esta fin de semana a súa mellor versión no cauce do río Coura ao seu paso por Azenhas de Pagade. A fermosa paraxe, xunto coa boa organización e un gran percorrido, permitiron o deleite de deportistas así como de espectadores e medios que ata alí se desprazaron.
O sábado tivo lugar a baixada de clasificación para a competición do domingo. O elevado nivel do percorrido trazado pasoulle factura a algún dos nosos padeixeiros se ben a maioría lograron o seu paso a finais. Moito ánimo a todos aqueles que non superaron o corte de peche de control que o próximo finde teredes desquite!!
Na xornada do domingo, case todos melloraron os seus rexistros destacando os seguintes resultados:
– Iago Varela e Borja González conseguiron facer dobrete na categoría K1 HOME CADETE
– Daniel Núñez Reint conseguiu subirse ao terceiro caixón do podium seguido moi de perto Miguel Ángel Lorenzo e Michael Lorenzo
– Ainhoa Lameiro impúxose en C1 e K1 DAMA JUNIOR
– Daniel Pérez e Borja González fixeron un novo dobrete en C1 CADETE HOME
– Miguel Ángel Lorenzo logrou a victoria en C1 HOME JUNIOR cun gran crono o cal lle permitiría ser terceiro en C1 HOME SENIOR
Todos estes resultados xunto coa actuación do resto de clasificados permitíronlle ao club subir ao máis alto do podium!!!
Moitas gracias a todos aqueles que permitides que estes éxitos sexan posibles, as institucións: Concello de Tui, Concello de Salceda, Diputación de Pontevedra, Secretaría Xeral para o Deporte e moi especialmente aos nosos colaboradores: Telmo Import Te Importa, Thermalia Tui, Silva Paramos, Plastigraphic, Talleres Jeral, Recambios Lodauto, Bar A Capela, Accesorios del Louro, Neumáticos Tonio, Restaurante Bar As Rodas, Esplendor, Empresa Raúl Faldón.
A continuación, tedes a galería da competición