Os selectivos nacionais tiveron lugar na canle olímpica da Seu D’ Urgell así coma na exisente canle de Pau, sita en Francia, do 28 a 31 de marzo e do 4 a 7 de abril respectivamente. Os nosos coma sempre loitaron por todo realizando unha gran actuación donde destacamos os seguintes resultados:
- Ainhoa Lameiro foi prata día 1 de competición en C1 MULLER SENIOR. Así mesmo, a de Salceda foi quen de obter tamén unha meritoria prata no Slalom Cross disputado en Pau.
- Valentín Varela foi bronce tamén no día 1 de competición na categoría K1 HOME JUNIOR
- Borja González foi prata no día 2 de competición na categoría C1 HOME SENIOR
- Miguel Ángel Lorenzo foi finalista nas dúas xornadas disputadas na Seu D’Urgell
- Aarón González obtivo un 5º posto como mellor resultado na categoría C1 HOME JUNIOR
- Brais Gómez obtivo un 15º posto como mellor posto na categoría C1 HOME JUNIOR
- Kevin Cortegoso foi 16º na mesma categoría
- Héctor Gómez obtivo o 20º posto pola súa banda na categoría K1 HOME SENIOR como mellor resultado
- Nicolas González obtivo un 37º posto como mellor resultado na categoría K1 HOME JUNIOR
Deste xeito, Ainhoa Lameiro conseguiu acceder ao equipo nacional B, se ben a de Salceda aspiraba a maiores obxectivos, loitará en dúas internacionalidades disputando dúas Copas do Mundo en Praga e en Ivrea. Borja González, pola súa banda, xa ten as súas vistas postas na IV Copa de España a disputarse en Dumbría, onde loitará na repesca do equipo nacional na categoría C1 HOME SUB23.
Noraboa a todos polo gran traballo feito!
Dende o Penedo Teimporta non podemos estar máis orgullosos de todos/as e tamén queremos desexarlle unha pronta recuperación e moito ánimo a Daniel Pérez, ausente nestas probas selectivas por lesión.