Ao longo de dous intensos fins de semana (28-31 de marzo e 4 a 7 de abril), os padexeiros do Penedo Teimporta disputarán as II e III Copa de España que son así mesmo selectivos nacionais e olímpicos. Destacamos a presencia dos seguintes padexeiros/as:
- Ainhoa Lameiro loitará pola praza no equipo nacional absoluto de C1 MULLER SENIOR así como pola praza olímpica nesta categoría
- Borja González fará o propio para o equipo nacional na categoría C1 HOME SENIOR. Destacar a ausencia nesta categoría de Daniel Pérez quen, por unha lesión de hombro, se vai ter que ausentar dos selectivos. Dende o Penedo Teimporta queremos pois desexarlle unha prontísima recuperación a Daniel para que volte con todo ao Campionato de España a disputarse en setembro na Seu D’Urgell. Na categoría C1 HOME SENIOR tamén competirá Miguel Ángel Lorenzo
- Valentín Varela loitará por conseguir praza para o equipo nacional Junior na categoría K1 HOME JUNIOR. Tamén competirá nesta categoría Nicolás Chamorro
- Na categoría C1 HOME JUNIOR, Aarón González tamén loitará por praza para o equipo nacional. Na mesma categoría, tamén competirán Brais Gómez e Kevin Cortegoso
- Na categoría K1 HOME SENIOR competirá así mesmo Héctor Gómez.
Moitísima sorte a todos e todas!! Vós podedes!!