Bo papel do Penedo Teimporta na I Copa de España de Promesas!

Esta fin de semana tivo lugar, nas augas do río Xallas, ao seu paso polo encoro de Fervenza na zona do Couquiño, a I Copa de España de Promesas de Slalom Olímpico. Deuse comezo deste xeito a tempada nacional das categorías de Promoción cunha boa actuación dos padexeiros do Penedo Teimporta:

  • Carlos Rodríguez foi bronce na categoría C1 HOME INFANTIL A. O de Salvaterra tamén cumplimentou unha boa actuación na categoría K1 HOME INFATIL A sendo terceiro na final B
  • Brais Gómez foi cuarto na categoría C1 HOME CADETE, moi perto dos metais onde un toque na porta 12 pesou no seu descenso
  • Nayara Cortegoso, aínda que baixou de abridora, fixo o segundo mellor tempo da categoría C1 MULLER INFANTIL B
  • Kevin Cortegoso, tamén destacou quedando moi perto da final A na categoría C1 HOME CADETE. Foi cuarto na final B confirmando a súa ascendente progresión.

Esta actuación dos padexeiros do Penedo Teimporta permitíronlle ao clube finalizar en 9ª posición.

Noraboa rapaces!