Gran papel do PENEDO TEIMPORTA na III Copa de España en Pau / II fase dos selectivos nacionais!!

Esta fin de semana, coincidente coa III Copa de España de Slalom Olímpico, tivo lugar a segunda e derradeira fase dos selectivos de Slalom Olímpico na canle do STADE D’EAUX VIVES DE PAU, en Francia. Os nosos padexeiros do Penedo Teimporta bridáronnos dúas intensas xornadas cargadas de emoción destacando os seguintes resultados:

  • Ainhoa Lameiro, logo de finalizar cuarta na xornada do sábado e terceira española, tiña como única saída para entrar no equipo nacional senior absoluto ser primeira na final do domingo. A de Salceda, iniciou o seu descenso con gran decisión e velocidade, con sólidas e rápidas traxectorias, chegando a meta co mellor tempo rexistrado en C1 MULLER SENIOR. Logo dunha emocionante espera na que efectuaban o seu descenso as súas rivais e compañeiras, certificouse unha victoria que vale, ademáis do ouro da xornada, o seu acceso ao equipo nacional absoluto.
  • Daniel Pérez, tras a sólida actuación efectuada nas primeiras fases do selectivo, necesitaba continuar esta inercia de resultados para conseguir voltar ao equipo absoluto. O de Salvaterra de Miño non fallou e conseguiu ser cuarto na xornada do sábado en C1 HOME SENIOR. O domingo, logo dun gran descenso no que apenas centésimas de segundo o separaron  do ouro, Daniel Pérez foi quen de conseguir un importantísimo bronce atesorando a terceira mellor puntuación nos selectivos absolutos e conseguindo deste xeito voltar ao equipo nacional en canoa individual
  • Borja González foi séptimo na xornada do sábado así como na xornada do domingo en C1 HOME SENIOR. O de Budiño realizou deste xeito unha boa actuación, moi regular e sólida nesta última fase dos selectivos. Destacada por tanto prestación de Borja que atestigua a súa velocidade e o motiva para continuar esta ascendente progresión no que resta de tempada na súa loita por obter praza internacional no equipo nacional sub23 de canoa individual.
  • Valentín Varela, tamén levou a cabo unha actuación ascendente, superando a desafortunada actuación do sábado debido a unha penalización de 50 segundos, cun destacado 10º posto na xornada do domingo
  • Aarón González tamén fixo un bo papel alcanzo as finais ambos os dous días.Foi deste xeito 5º o sábado e foi quen de obter un destacadísmo bronce na xornada do domingo
  • Miguel Ángel quedou cerca das finais sendo 15º sábado e 14º domingo
  • Brais González debutou nas esixentes augas da canle de Pau cunha actuación na que non foi quen de reflexar a súa navegación sendo 19º o sábado e 20º o domingo. De todos os xeitos, o de Salceda acumulou importantes aprendizaxes e experiencia.
  • Kevin Cortegoso, tamén no seu debut nesta esixente competición selectiva, foi 21º sábado así como 21º na xornada do domingo
  • Héctor Gómez, pola súa banda finalizou 32º e 39º sábado e domingo respectivamente tamén acumulando horas en canais desta dificultade no seu tamén debut.

Estos resultados permitíronlle tanto a Ainhoa como a Daniel acceder aos equipos nacionais absolutos e sub23 así como certificar o gran estado de forma de Borja, Valentín e Aarón, loitando todos de principio a fin nestes selectivos para os equipos nacionais sub23 e junior. 

Na clasificación por clubes, O PENEDO TEIMPORTA foi séptimo na xornada do sábado e cuarto o domingo!

Toca agora coller alento e prepararse xa para as vindeiras citas!!

Vémonos na auga!!