O Penedo Teimporta xa está en Pau para a III COPA DE ESPAÑA e a derradeira fase dos selectivos!

Esta fin de semana, terá lugar na canle de STADE DE AUX VIVES DE PAU, en Francia,  III Copa de España de Slalom Olímpico desta tempada. Esta cita constitúe a segunda fase dos selectivos para conformar os equipos nacionais deste ano e inicar deste xeito a carreira olímpica a París. O Penedo Teimporta xa está desprazado no pobo galo de Pau, cunha expedición composta por un total de 10 padexeiros que darán, como sempre, o seu máximo nesta importante cita:

  • Ainhoa Lameiro, padexeira do grupo de seguemento senior do CTN loitará por voltar a ter praza no equipo absoluto español de canoa así como no sub23
  • Daniel Pérez, padexeiro do grupo de seguemento sub23 do CTN tamén loitará por unha praza tanto no equipo absoluto senior de canoa así como no sub23
  • Borja González, padexeiro que tamén realiza a súa formación como deportista esta tempada da man do CTN de León estará xunto a Daniel na disputa polas prazas no equipo de canoa senior e sub23
  • Valentín Varela, no seu primeiro ano de xuvenil e sendo membro do CGTD de Pontevedra, buscará praza no equipo junior de kayak español de slalom olímpico
  • Aarón González, tamén sendo aínda xuvenil de primeiro, irá tamén a caza dunha praza no equipo junior de canoa español de slalom

Así mesmo, seguindo as instruccións de Marcos Fortes, Miguel Ángel Lorenzo, Brais Gómez, Héctor Gómez e Kevin Cortegoso buscarán realizar un bo papel nas esixentes augas desta esixente canle.

Moita sorte a todos e todas!!

A por todas!