O Penedo Teimporta Campión Galego de Slalom Olímpico!!

Esta fin de semana tiveron lugar en Arbo dúas probas: o Campionato Galego de Slalom Olímpico e a III Copa de Promesas de Slalom.

Para o Campionato Galego celebrado o sábado, o Penedo Teimporta desprazouse cunha gran expedición cuxa calidade se fixo patente cos seguintes resultados:

  • Borja González foi medallista por partida dobre sendo bronce nas categorías K1 HOME SENIOR e C1 HOME SENIOR
  • Valentín Varela foi dobre campión da categoría K1 HOME JUNIOR e C1 HOME JUNIOR
  • Marcos Fortes acompañou no podium a Borja sendo prata no C1 HOME SENIOR
  • Aarón González foi bronce na categoría C1 HOME JUNIOR
  • Iago Varela  foi cuarto  na categoría k1 home senior
  • Miguel Ángel Lorenzo foi cuarto  no C1 HOME SENIOR
  • Fran Otero  foi 7º na categoría K1 HOME SENIOR
  • Nicolás González foi quinto na categoría K1 HOME JUNIOR
  • Héctor Gomez foi sexto  na mesma categoría
  • Joaquín Tajes foi séptimo tamén no K1 HOME JUNIOR e sexto en C1 HOME JUNIOR

Na competición por equipos destacou a patrulla 3 x C1 HOME SENIOR formada por Marcos, Borja e Miguel sendo ouro e a patrulla 3 x K1 HOME SENIOR formada por Borja, Iago e Fran, quenes foron prata. As patrullas Junior impoñéronse ambas, tanto en C1 JUNIOR coma en K1 JUNIOR.

Todos estes grandes resultados permitíronlle ao Penedo Teimporta ser CAMPIÓN Galego de Slalom Olímpico desta tempada!!!

Na xornada do domingo tivo lugar a proba de promesas destacando a dobre prata de Valentín Varela en K1 HOME JUNIOR así como C1 HOME JUNIOR e o ouro de Aarón González na categoría C1 HOME JUNIOR

Noraboa a todos!!!