Ainhoa Lameiro do Penedo Teimporta, séptima na V Copa do Mundo!!

Hoxe tiveron lugar na Seu D`Urgell as semifinais e finais en canoa olímpica individual. A nosa padexeira do Penedo Teimporta Ainhoa Lameiro realizou unha rápida baixada na semifinal obtendo o segundo mellor crono ao que se lle engadiron dúas penalizacións de 2 segundos clasificando por tanto séptima as finais (a final só acceden as 10 primeiras clasificadas).

Na manga da final, un temprano erro na segunda porta motivou unha perda de traxectoria no primeiro sector que custaría importantes segundos e dúas penalizacións. Ademais, outro pequeno erro na zona intermedia do recorrido engadiría outra penalización ao tempo final sendo por tanto e finalmente séptima!!

Ainhoa pecha deste xeito unha gran tempada 2022, coseitando importantes logros como unha final no Campionato de Europa absoluto ou esta última colleitada na casa na derradeira Copa do Mundo. Agora toca un merecido descanso para xa coller impulso para a próxima tempada 2023 onde de seguro importantes retos, logros e alegrías agardarán a nosa xove padexeira de Salceda de Caselas.

Dende o Penedo Teimporta non podemos estar máis orgullosos de tan digna representación e queremos por suposto seguir mostrando todo o noso a apoio e forza para Ainhoa!!

Grande!!